Tuesday 14 de May de 2024

Máis de sesenta veciños e veciñas participan no Día da Bicicleta do Concello de Frades


Máis de sesenta veciños e veciñas participaron no Día da Bicicleta do Concello de Frades, celebrada esta pasada fin de semana. Os participantes tiveron ocasión de percorrer dous itinerarios diferentes, adaptados ás súas idades: un de 13 quilómetros de lonxitude para persoas maiores de 8 anos e outro de 3,5 quilómetros para os nenos e as nenas.

Os dous grupos partiron da Praza da Ponte Carreira e estiveron acompañados durante o seu percorrido por membros de Protección Civil. Os ciclistas pasaron polo colexio da Ponte Carreira, polas pistas que bordean a canteira da empresa Erimsa, Vitre e Augas Santas, para volver de novo a Praza da Ponte Carreira. A ruta curta tivo a mesma saída e foi ata a vella cooperativa, Ledoira, O Mesón e de novo a praza.

Ao final dos percorridos houbo bebida, froita e un sorteo de material de ciclismo entre todas as persoas que participaron. Unha xornada que contou coa participación dos concelleiros de Deportes, Jesús Miguel Prado Cea; e de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra; así como o técnico deportivo municipal, Lino Espiñeira.